mércores, 28 de maio de 2014

Os números maias

Nesta semana aprendemos como os maias idearon un sistema de numeración, ideado coma un instrumento para medir o tempo e non para facer cálculos matemáticos. Por iso, os números maias teñen que ver cos días, meses e anos, e co xeito en que organizaban o calendario.


Os maias tiñan tres modalidades para representar graficamente os números, do 1 ao 19, así como do cero: un sistema numérico de puntos e raias.


A continuación vos deixamos un exemplo feito por José Antonio Aguiar no que o compara cos números romanos.


mércores, 21 de maio de 2014

Rainbow Loom

Aquí vos deixamos unha mostra dos últimos traballos feitos con gomas elásticas pola nosa compañeira Daniela Acebedo.


Portada Tema 12 de Coñecemento do Medio

Aquí vos deixamos unha mostra das portadas do tema 12 de Coñecemento do Medio que trata sobre os primeiros seres humanos. Foron feitas polos compañeiro David Luaces e Iker Otero.



martes, 20 de maio de 2014

Tiranosaurus Rex

Velaiquí vos deixamos unha réplica do temible Tiranosaurus Rex, feito con plastilina, polos nosos compañeiros José Manuel Pérez e Nicolás Acebedo.